Dende a Unidade de Cultura Científica (UCC) do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) estamos a preparar a campaña #ArelaDeMar en redes sociais con motivo do Día Mundial dos Océanos declarado pola ONU que celébrase o 8 de xuño a nivel global.
Unha arela é un desexo, un degoiro, un devezo moi forte de algo e a ansia por conseguilo. Cremos que na situación que estamos vivindo, moita xente comparte a arela de volver gozar co océano (nas praias, paseando ao seu carón, etc.), pero tamén que moitos teremos reflexionado sobre a importancia de coidalo e teremos arelas dun mar limpo, libre de plásticos, sen acidifación e cheo de vida diversa. Ademais de apoiar a campaña global do #WorldOceansDay (30x30: protección do 30% dos océanos para 2030), queremos reivindicar todo o que nos aporta o océano e a conservación da súa diversidade dentro da nosa comunidade. A campaña desenvolverase nas nosas redes sociais, en Twitter, Facebook e nunha nova conta de Instagram (@iim_csic).
Para esta campaña gustaríanos que colaborásedes connosco pedíndolles aos vosos alumnos que participen na acción conxunta o día 8 de xuño, respondendo nas súas redes sociais ou nas da escola á pregunta "Cal é a túa #ArelaDeMar?" a través dalgún tipo de creación artística (un vídeo, un texto, un poema, unha ilustración, unha canción… ), usando ou cancelo #ArelaDeMar.
As arelas poden ser persoais (Que é o que máis arelas facer ou sentir unha vez podamos volver gozar completamente do océano?) ou globais (Como desexas ver o océano nun futuro próximo? Que problemas deveces por ver solucionados canto antes?). Ademais, poden incluír nas súas creacións tanto experiencias persoais como promover accións colectivas. Deben incluir un título curto que resuma a súa arela; podedes atopar exemplos neste documento.
O título debería ser unha frase curta que inclúa o hashtag #ArelaDeMar. Os requisitos técnicos que nós propoñemos para as diferentes disciplinas artísticas son os seguintes:
viernes, 15 de mayo de 2020
miércoles, 6 de mayo de 2020
jueves, 23 de abril de 2020
CONFINAMENTO EN VERDE
Ainda que estamos en confinamento non podemos esquecer cuidar a natureza e aproveitar para coñecer vocabulario sobre ela. A canción que vos deixamos a continuación é unha estupenda maneira de farelo, deixámosvos o vídeo a ver se sodes quen de aprendela:
(Engadido o 10 de maio) fantástico vídeo enviado por unha familia do colegio Parabéns, familia!!!!
E agora alguns retos:
1.Grabádevos nun vídeo cantando o retrouxo:
(Engadido o 10 de maio) fantástico vídeo enviado por unha familia do colegio Parabéns, familia!!!!
E agora alguns retos:
1.Grabádevos nun vídeo cantando o retrouxo:
" Miña terra, miña
sempre te amarei
ti es a miña naiciña"
2. no inicio da canción recítanse uns versos:
"Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei"
sabes quen os escribiu e a que poesía pertencen?
3. Fai unha nube de palabras debuxada co vocabulario referido a natureza, aquí tes un exemplo:
Se queredes facelo en digital aquí tedes unha ferramenta gratuíta que non require resistor :nube
4. Coñeces os paxaros galegos? Aquí tedes unha ferramenta para achegarte a eles, contádenos cales son os vosos favoritos:
martes, 10 de marzo de 2020
receitas de entroido
Buscando cumplir coas premisas de sostenibilidade : cercanía e producto de tempada propúsose facer un recetario de entroido, estas son algúnhas das propostas achegadas polas clases.
miércoles, 12 de febrero de 2020
BOLETÍN DE FEBREIRO: ENTROIDO
Aquí tedes o boletín de febreiro que nos falta do entroido, e logro, seredes quen de identidar cada traxe coa localidade?
podes atopar más recursos e curiosidades sobre o entroido en "as notas estas".
jueves, 28 de noviembre de 2019
BOLETÍN DE DECEMBRO
Xa tedes aquí o boletín de vocabulario de decembro para que neste Nadal poñades de moda todas estas palabras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS
Recursos: Xela Arias no Portal da Lingua Xela Arias no Seminario Galán Unidade didáctica de " Muller e Ciencia" Axenda cultural
-
Presentamos o que é o primeiro boletín do Equipo de Dinamización e Normalización do noso centro. Tendo en conta que o proxecto de centro s...
-
Dende a Unidade de Cultura Científica (UCC) do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) estamos a preparar a campaña #ArelaDeMar ...
-
R.A.G: PRIMAVERA DAS LETRAS MATERIAIS DO SEMINARIO GALÁN UNIDADE DIDÁCTICA DO CEIP CANICOUVA (VIGO) RULETA...








