ESCOLA VERDE



     Este ano comezamos o proxecto  "E. scola verde" e entre moitas accións  sinalamos varias que consideramos que contribúen a que o noso centro sexa máis sostible.




  •  Por unha banda pertencemos o colectivo " Teachers For Future Spain " e dende setemblo levamos a cabo o programa RECREOS RESIDUO CERO. Mediante este contribuimos a tratar de acadar o

ODS 12 : GARANTIZAR MODALIDADES DE CONSUMO Y PRODUCCIÓN SOSTENIBLES.   y en concreto en su punto 12.5 : REDUCIR CONSIDERABLEMENTE LA GENERACIÓN DE DESECHOS MEDIANTE ACTIVIDADES DE PREVENCIÓN, REDUCCIÓN Y REUTILIZACIÓN.



  •  COMPOSTEIRO. No centro temos en marcha un composteiro,  diferentes nenos e nenas pasan polas clases recollendo os restos das froitas para levar ao composteiro para posteriormente empregar ese compost na horta.




  • A HORTA. Comezaron os traballos de horta, diferentes cursos elexiron o que se podía plantar segundo a tempada. Cebolas, porros, allos, e mesmo leitugas as que se lle puxeron miniinvernadoiros para protexelas das xeadas. Os miniinvernadoiros foron feitos empregando partes das garrafas de auga deste xeito reutilizouse o envase.




  • APADRIÑAMENTO ECOLÓXICO: outras das actividades que están en marcha é o apadriñamento ecolóxico que facemos cos alumnos e alumnas de infantil. Antes de comezar as actividades de horta fomos cantar con eles a canción " A horta de Balbina " de María Fumaça e falamos da importancia da agricultura ecolóxica.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

  Recursos: Xela Arias no Portal da Lingua Xela Arias no Seminario Galán Unidade didáctica de " Muller e Ciencia" Axenda cultural