miércoles, 9 de diciembre de 2020
lunes, 26 de octubre de 2020
miércoles, 16 de septiembre de 2020
Curso 20/21 Todo vai sair ben
Comezamos o curso máis atípico das nosas vidas e onde xuntamos forzas e esperanzas de que todo saia ben. Pero para iso temos que por da nosa parte coa distancia de seguridade, o uso da máscara e o coidado do medioambiente. Lembremos que foi a pérdida de biodiversidade o que provocou este episodio de zoonose que parou as nosas vidas, por iso desde aquí compartimos a proposta de acción e educación medioambiental de Teachers For Future Spain ( Profes por el Futuro) " 28.000 POLO CLIMA" apoiada polos Ministerios de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e o Ministerio de Educación, compartimso tamén un calendario escolar medioambiental que vos pode ser de gran axuda. Moito ánimo!
viernes, 15 de mayo de 2020
#ArelaDeMar DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS: 8 DE XUÑO
Unha arela é un desexo, un degoiro, un devezo moi forte de algo e a ansia por conseguilo. Cremos que na situación que estamos vivindo, moita xente comparte a arela de volver gozar co océano (nas praias, paseando ao seu carón, etc.), pero tamén que moitos teremos reflexionado sobre a importancia de coidalo e teremos arelas dun mar limpo, libre de plásticos, sen acidifación e cheo de vida diversa. Ademais de apoiar a campaña global do #WorldOceansDay (30x30: protección do 30% dos océanos para 2030), queremos reivindicar todo o que nos aporta o océano e a conservación da súa diversidade dentro da nosa comunidade. A campaña desenvolverase nas nosas redes sociais, en Twitter, Facebook e nunha nova conta de Instagram (@iim_csic).
Para esta campaña gustaríanos que colaborásedes connosco pedíndolles aos vosos alumnos que participen na acción conxunta o día 8 de xuño, respondendo nas súas redes sociais ou nas da escola á pregunta "Cal é a túa #ArelaDeMar?" a través dalgún tipo de creación artística (un vídeo, un texto, un poema, unha ilustración, unha canción… ), usando ou cancelo #ArelaDeMar.
As arelas poden ser persoais (Que é o que máis arelas facer ou sentir unha vez podamos volver gozar completamente do océano?) ou globais (Como desexas ver o océano nun futuro próximo? Que problemas deveces por ver solucionados canto antes?). Ademais, poden incluír nas súas creacións tanto experiencias persoais como promover accións colectivas. Deben incluir un título curto que resuma a súa arela; podedes atopar exemplos neste documento.
O título debería ser unha frase curta que inclúa o hashtag #ArelaDeMar. Os requisitos técnicos que nós propoñemos para as diferentes disciplinas artísticas son os seguintes:
miércoles, 6 de mayo de 2020
jueves, 23 de abril de 2020
CONFINAMENTO EN VERDE
(Engadido o 10 de maio) fantástico vídeo enviado por unha familia do colegio Parabéns, familia!!!!
E agora alguns retos:
1.Grabádevos nun vídeo cantando o retrouxo:
martes, 10 de marzo de 2020
receitas de entroido
LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS
Recursos: Xela Arias no Portal da Lingua Xela Arias no Seminario Galán Unidade didáctica de " Muller e Ciencia" Axenda cultural











